Sala de Xuntas
A profesora e investigadora da USC Ruth Rodríguez Bermúdez guiará este mércores un coloquio sobre a gandería sustentable no marco do que intervirán varios produtores

A Facultade de Veterinaria volverá acollerá o mércores 27 un foro sobre gandería sustentable ao abeiro do proxecto Acción Terra, no marco do que se abordará a necesidade de manter e mellorar a actividade produtiva sen descoidar as condicións de benestar animal e a conservación do medio natural.
A profesora e investigadora da USC Ruth Rodríguez Bermúdez guiará este coloquio, no que participarán Genma San Pedro, de Cabuxa Natura, unha gandería ecolóxica e rexenerativa de ovellas e cabras; David Outeiro, que rexenta unha gandería ecolóxica de cachenas na Fonsagrada, e Xosé García Freire, de Casa da Fonte.