Skip to main content

Xornadas de orientación laboral e saídas profesionais no sector financeiro

4/05/2022 - 10.00 horas

O decano da Facultade de Ade abrirá o 4 de maio, a partir das 10.00 horas, no Salón de Graos do centro, un programa de achegamento ao mercado laboral no que intervirán como relatores representantes de Abanca, Caixa Rural e Banco Santander

Facultade de ADE da USC
Facultade de ADE da USC

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebrará o mércores 4 de maio, a partir das 10.00 horas, no Salón de Graos do centro, unha xornada de orientación laboral e saídas profesionais no sector financeiro dirixidas ao alumnado na que intervirán como relatores representantes de Abanca, Caixa Rural e Banco Santander.

O decano da Facultade de ADE, Roberto Bande, abrirá a sesión cun acto de benvida aos participantes e, trala súa intervención, o profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC e vicedecano do centro, Jacobo Feás, fará unha breve presentación das saídas profesionais que ofrece o sector financeiro ás persoas graduadas en Administración e Dirección de Empresas. De seguido, Lucía Penado Fernández, de Abanca, Verónica Gegúndez, de Caixa Rural, e un representante do Banco Santander, ofrecerán información relativa ás citadas entidades.

The contents of this page were updated on 04.28.2022.