Skip to main content

O horario extraordinario das bibliotecas esténdese do 2 de maio ao 10 de xuño

Entre o 2 de maio e a noite do 9 ao 10 de xuño, a Biblioteca Universitaria manterá abertas en horario extraordinario parte das súas salas nos campus de Lugo e de Santiago de Compostela. FOTO: Santi Alvite
Entre o 2 de maio e a noite do 9 ao 10 de xuño, a Biblioteca Universitaria manterá abertas en horario extraordinario parte das súas salas nos campus de Lugo e de Santiago de Compostela. FOTO: Santi Alvite
Concepción Arenal e as bibliotecas de Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais amplían a súa apertura en Santiago xunto á Biblioteca Intercentros de Lugo
Lugo, Santiago de Compostela

Entre o 2 de maio e a noite do 9 ao 10 de xuño, a Biblioteca Universitaria manterá abertas en horario extraordinario parte das súas salas nos campus de Lugo e de Santiago de Compostela. Así, a Biblioteca Intercentros de Lugo abrirá as súas portas de luns a domingo, entre as 8.30 e as 0.00 horas. Doutra banda e tamén de luns a domingo, a Biblioteca Concepción Arenal permitirá o acceso a persoas usuarias entre as 8.30 horas e a 1.00 da madrugada. Entre as dúas salas, ofértanse preto de dous milleiros de postos de lectura.

Como reforzo, este servizo da USC suma dous espazos adicionais. Durante o mesmo período, a sala de lectura da Facultade de Dereito manterase aberta as 24 horas do día. Ademais, a biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais estenderá o seu horario entre as 8.30 e as 22.00 horas de luns a domingo. Estas dúas salas suman máis de 650 postos de lectura. Nesta ligazón, pode accederse aos horarios específicos das bibliotecas de cada un dos centros que integran a USC.

The contents of this page were updated on 05.02.2022.