Santiago de Compostela
En conmemoración do segundo centenario do aniversario da morte de Melchor López Jiménez

O Coro Universitario ofrece o luns 9 de maio ás 21 horas un concerto en homenaxe a Melchor López Jiménez cando se cumpren 200 anos do aniversario do seu pasamento.
Baixo o título Iacobum celebret. Melodías xacobeas, a formación ofrece un programa con varias composicións deste e outros mestres de capela da Catedral de Santiago como José de Vaquedano, Ramón Palacio, Santiago Tafall, José Lidón e Buono Chiodi.
Dirixido por Miro Moreina, o concerto contará cun cuarteto de solistas conformado por Aida López, soprano; Mariola Gongar, alto; Chema Ares, tenor; e Pablo Nieves, barítono. O acompañamento instrumeral virá da man de Juan Manuel Varela Louro, órgano e clave; Francisco Luengo, violone; e Alfonso Morán, contrabaixo.
O recital celebrarase na Igrexa da Universidade e a entrada é libre previa inscrición.