Skip to main content

Encontro científico

'Os sons do poder. Música, Política e Propaganda na España Moderna'

05.06.2022 | 09.45h-14.00h

Aula 3
Santiago de Compostela

Actividade coordinada por Roberto J. López López e financiada polo Grupo de Investigación Historia Moderna da USC

Concert, Leonello Spada © Musée du Louvre
Concert, Leonello Spada © Musée du Louvre

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela vai acoller o vindeiro día 6 de maio de 2022 o encontro científico 'Os sons do poder. Música, Política e Propaganda na España Moderna'. A reunión, que forma parte dos ciclos formativos do GIHM, está coordinada por Roberto J. López López e financiada polo Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), da USC.

Esta actividade docente presencial está recoñecida con 4 horas para o alumnado do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. Entregarase un diploma de asistencia ao alumnado dos mestrados en Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII e Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte, así como ao estudantado de grao, previa inscrición (anam.sixto [at] usc.es (anam[dot]sixto[at]usc[dot]es)) antes do 5 de maio de 2022.

Aquelas persoas alleas á USC que queiran asistir por vía telemática deberán realizar a súa solicitude antes do 5 de maio de 2022. Haberá 25 prazas para esta fórmula. Só se entregará constancia a quen asista a todas as sesións. 

The contents of this page were updated on 05.02.2022.