Skip to main content

O Rabelo presenta un espectáculo de improvisación oral en Profesorado

5/05/2022 - 21.00 horas

A primeira das actividades programadas nos ‘Xoves de Moda’ comezará ás 21.00 horas e a súa celebración trasladarase á Casa do Saber en caso de choiva

Cartaz da programación do Lugo Cultural para o mes de maio de 2022
Cartaz da programación do Lugo Cultural para o mes de maio de 2022

O Rabelo, unha das figuras emerxentes no ámbito do rap e da regueifa, impartirá este xoves, a partir das 21.00 horas, no patio da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo, un obradoiro de improvisación de canto oral tradicional, a xeito de regueifa. Esta actividade inclúese no ciclo Xoves de Moda, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación de Lugo e Concello de Lugo.

Nesta sesión, que se trasladará á Casa do Saber en caso de choiva, O Rabelo ensinará ao público participante a improvisar coplas, ademais de xogar cos chascarrillos para tratar prexuízos sociais. As persoas interesadas en tomar parte neste espectáculo poderán participar o día anterior no obradoiro que se celebrará, a partir das 20.15 horas, na Casa do Saber.

Os espectáculos de O Rabelo son un híbrido entre unha foliada e unha festa de perreo. De feito, este artista mestura na súa música xéneros como a música electrónica, o tradi galego e os ritmos urbanos.

 

The contents of this page were updated on 05.02.2022.