O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade que ten como finalidade impulsar a colaboración entre ambas para mellorar a calidade do servizo público da educación superior universitaria, contribuindo ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria.
Asemade, correspóndelle ao Consello Social a supervisión das actividades de carácter económico da Universidade, do rendemento dos seus servizos así como promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC.
Actualidade
Aspanaes recolle o diploma do Premio Humanitas
O Consello Social da Universidade de Santiago e Alumni recoñecen o traballo desta entidade na mellora da calidade de vida das persoas diagnosticadas de Trastorno do Espectro Autista e da súa contorna familiar e social
Read more
Kevin Oliveira: “As prácticas extracurriculares foron moi enriquecedoras para a miña formación”
Estudante do dobre grao de Dereito e Relacións Laborais, recibiu o premio do Consello Social ao estudante mellor valorado nas prácticas xestionadas por este órgano
Read more
Emotiva recepción ao estudantado que participa dos programas de cooperación internacional da USC
Entre eles, o propio da USC de axuda a persoas procedentes de zonas en conflito que mantén en Santiago estudantes de Ucraína ou Palestina
Read more