Skip to main content

Mesa redonda

'Os centros educativos: contornas para a promoción da actividade física e o Deporte'.

05.10.2022 | 16.00h

Dirixida principalmente ao alumnado, PDI e PAS da Facultade de Ciencias da Educación

Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte

A Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte acollerá o martes, día 10 de maio das 16.00 ás 17.30 horas, a mesa redonda 'Os centros educativos: contornas para a promoción da actividade física e o Deporte', unha actividade organizada pola Área de Didáctica da Expresión Corporal do centro. 

O profesor Javier Rico será o encargado de moderar esta conversa na que participarán Felipe Barata, mestre especialista en Educación Física e  director CPI Dr. López Suárez de Friol;  Álex Vidal,  deportista paralímpico  na especialidade de Parataekwondo;  Toni López, xornalista deportivo (Radio Galega), ex judoka e ex atleta ; Celia Carracedo, estudante do Grao en Mestre de Educación Infantil e ex atleta de alto nivel; Elisa Capelo, técnica de deportes do Concello de Santa Comba , diplomada en EF e mestrada en xestión empresarial do deporte. 

A asistencia é libre previa inscrición na ligazón

The contents of this page were updated on 05.10.2022.