Organizado pola Área de Cultura da USC en colaboración coa Dirección Xeral das Artes do Ministerio de Cultura da República Portuguesa

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acollerá o xoves, 19 de maio, ás 20.30 horas un concerto da pianista portuguesa Inês Filipe. O recital forma parte do proxecto De Portugal a Francia, que procura divulgar a cultura erudita dos países veciños. Con ese obxectivo, artella un programa musical con composicións de F. Lopes Graça, A. Jose Fernandez e Claude Debussy.
Organizado pola Área de Cultura da USC, o concerto conta coa colaboración colaboración da Dirección Xeral das Artes do Ministerio de Cultura da República Portuguesa. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.
Inês Filipe
Nada en Aveiro, é gañadora de numerosos premios en certames de piano nacionais e internacionais como o Premio de Interpretación Frederico de Freitas, Paços Premium, Concursos de Piano CMACG, Elisa Pedroso, Concurso Internacional Cidade do Fundão, destacando a súa “Premio Antena2” no XVII Festival Internacional de Piano SIPO, baixo a atenta mirada dun prestixioso xurado que contou coa presenza de Boris Berman, Luiz de Moura Castro, Josep Colom e Paul Badura-skoda.
Actúa habitualmente en recitais como solista, con actuacións en numerosos países como España, Inglaterra, Francia, Italia, Tailandia, Bélxica e Alemaña. En Portugal, actuou en solitario no Festival Internacional de Piano SIPO; Festival PianoPorto, Museo Nacional da Música-Lisboa; Festas de Outono'18; ciclo 'Mans no piano 2018'; Xornadas da Música en Belém (CCB); Casa da Música- Porto '100 Pianistas para Dona Helena', Ciclo de Concertos Coimbra’19; entre outros. Debutou como solista coa Orquestra Filarmonia das Beiras en 2018, interpretando o concerto de Ravel en Sol baixo a dirección do director Ernest Schelle.
Posúe unha gran versatilidade á hora de escoller e interpretar o repertorio para piano, incluíndo obras de concerto que van desde Bach ata música contemporánea. O interese pola música moderna e contemporánea portuguesa fai que teña un papel activo na súa promoción, con varias estreas de obras de compositores portugueses.
Inês Filipe forma parte de varios proxectos de música de cámara como o ArsisTrio (grupo formado co violista Francisco Lourenço e o clarinetista Ângelo Santos) e ContinuoDuo (dúo de piano a 4 mans formado coa pianista Patrícia Sousa).
Ao longo da súa carreira artística afondou nos seus coñecementos en clases maxistrais de piano cos pianistas máis recoñecidos a nivel mundial como Paul Badura-Skoda, Josep Colom, Constantin Sandu, Luiz de Moura Castro, Achilles Delle Vigne, Jaime Mota, Paulo Oliveira, Luis Pipa, Fernando. Rossano, Constantin Ionescu-Vovu, Boris Berman, entre outros.