O Seminario do Departamento de Matemática Aplicada promove esta conferencia de François Gole, investigador do CMLS da École Polytechnique de Francia.

A sesión, que leva por título 'Radiative Transfer in a Fluid: from Mathematical Analysis to Numerical Simulations', desenvolverase en liña a través de MS TEAMS o día 24 de maio a partir das 10.00 horas.
O relatorio presenta un modelo simplificado para a transferencia radiativa nun fluído gobernado polas ecuacións de Navier-Stokes. François Golse estuda as propiedades matemáticas deste modelo, xunto con algoritmos para calcular as súas solucións. Durante a sesión presentaranse exemplos de simulacións numéricas baseadas nestes algoritmos. Trátase dun traballo en colaboración con O. Pironneau e C. Bardos.