Skip to main content

Curso

'Disección Anatómica'

05.24.2022 | 09.00h-18.00h

O Departamento de Anatomía da Facultade de Medicina acollerá este curso previo ao 54º Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética (SECPRE) no que participa o doutor Pedro Cavadas

Curso de Disección Anatómica da SECPRE
Curso de Disección Anatómica da SECPRE

O doutor Pedro Cavadas, especialista en cirurxía reconstrutiva, será un dos docentes do curso en Disección Anatómica que a SECPRE ofrecerá o martes 24 de maio na Facultade de Medicina da USC. Dirixido a residentes en cirurxía e limitado a 20 participantes, o curso contará tamén coas intervencións de Jaume Estrada Cuixar, do H.U. Son Espases, de Palma de Mallorca; Joan Fontdevila Font, H.U. Clinic de Barcelona; Iván Couto, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; Adrián Fernández Marcos, do Hospital Povisa de Vigo;  e Iván Monge Castresana, do H.U. Son Espases de Palma de Mallorca. 

Con carácter estatal, o curso serve de limiar á 54ª edición do Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética, que se celebrará do 25 ao 27 de maio en Santiago de Compostela. Pedro Cavadas será tamén un dos relatores deste evento  que contará con especialistas en Cirurxía Plástica de reputada traxectoria a nivel estatal e internacional. Pódese consultar o programa completo e outra información relacionada coa actividade na páxina web do curso

A Sociedade Española de Cirurxía Plástica Reparadora e Estética (SECPRE) é unha sociedade científica fundada en 1956 coa finalidade de proporcionarlles coidados asistenciais de óptima calidade ás e aos pacientes e ofrecerlles os máis altos niveis de profesionalidade.  Na actualidade, é presidida polo doutor José Luis Vila Moriente, licenciado en Medicina pola USC.

The contents of this page were updated on 05.16.2022.