Skip to main content

Conferencia

'Alimentación e cambio no léxico dispoñible do galego'

05.19.2022 | 12.30h

Sala de Conferencias
Santiago de Compostela

Organizada polo Instituto da Linga Galega (ILG)

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

Clara Lago Caamaño, investigadora predoutoral do Instituto da Lingua Galega, ofrecerá a conferencia "Alimentación e cambio no léxico dispoñible do galego" o día 19 de maio, ás 12.30 horas, na sala de conferencias do ILG.

Resumo

A metodoloxía que empregan os traballos de léxico dispoñible permite obter unha gran cantidade de datos asociados a variables sociolingüísticas e explotalos para aplicacións diversas. Unha das posibilidades desta liña de investigación, que apenas foi explorada, é a de estudar cambios na lingua. Son pioneiros neste ámbito os traballos de Orlando Alba para o español da República Dominicana (2013, 2014). Seguindo este modelo, tomamos como punto de partida a metodoloxía do Léxico dispoñible do galego (López Meirama e Álvarez de la Granja, 2014) e reproducímola para construír unha mostra comparable e ver se hai diferenzas entre os datos do curso 2008-2009 e do 2020-2021 no ámbito semántico da alimentación.

Nesta presentación explicaremos como aplicamos a metodoloxía de recollida e procesamento dos datos do Léxico dispoñible do galego e cales son os principais problemas que atopamos para comparar as dúas mostras das que partimos. Ademais, presentaremos as principais diferenzas que se observan entre os datos de 2008-2009 e de 2020-2021 e contrastaremos os resultados coas tendencias que recollen os estudos de socioloxía e antropoloxía alimentaria.

The contents of this page were updated on 05.19.2022.