Skip to main content

A Orquestra da USC intervén no ciclo ‘De lugares e órganos’

A Orquestra da USC intervén no ciclo ‘De lugares e órganos’
A Orquestra da USC intervén no ciclo ‘De lugares e órganos’

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela participa este sábado 24 cun concerto na terceira edición do ciclo De lugares e órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela .

Dirixida por Mario Diz e con Erea Blanco Balvís no órgano e clave, a orquestra explorará ás 20.30 horas as posibilidades acústicas da Igrexa da Universidade nun programa con pezas para órgano e conxunto de corda de Vivaldi, Händel e Ferdinando Richardson, que alternarán con versións arranxadas para conxunto de vento de Biber e Bach e outras obras de carácter orquestral.

As entradas para asistir ao recital son de balde, aínda que hai que retirar o convite no despacho de billetes do Teatro Principal. De non esgotárense, tamén se poderán recoller o propio sábado na Igrexa unha hora antes do comezo.

The contents of this page were updated on 03.23.2018.