05.26.2022 | 12.30h
As Insignias da USC distinguen aquelas persoas físicas que sobresaen dun xeito especial nos servizos prestados á institución académica compostelá

O reitor imporá este xoves 26 de maio ás 12.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a Insignia de Ouro da USC aos profesores Jean-Bernard Auby, Giampaolo Rossi e António Cândido Macedo de Oliveira.