Skip to main content

Ana Goy Diz ingresa como numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes

28/05/2022 - 12.30 horas

A cerimonia desenvolverase este sábado, a partir das 12.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo, onde a académica electa na sección de Expertos nas Artes ofrecerá a lección ‘Ribeira Sacra: a construción dunha paisaxe cultural’

Ana Goy Diz
Ana Goy Diz

A catedrática do Departamento de Historia da Arte da USC Ana Goy Diz formalizará este sábado, a partir das 12.30 horas, o seu ingreso como académica de número na sección de Expertos nas Artes da Real Academia Galega de Belas Artes, no marco dunha cerimonia que se desenvolverá no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.

Goy Diz pronunciará un discurso que se desenvolve baixo o título ‘Ribeira Sacra: a construción dunh paisaxe cultural’ e recibirá a réplica de Antonio Rodríguez Colmenero, que tamén é académico de número da sección de Arqueoloxía e Museoloxía da Real Academia Galega de Belas Artes ‘Nuestra Señora del Rosario’.

 

The contents of this page were updated on 05.27.2022.