Skip to main content

Acto académico

Graduación da promoción de Relacións Laborais e Recursos Humanos 2022

06.09.2022 | 19.00h-21.00h

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga López, dará apertura ao acto académico

Escola Universitaria de Relacións Laborais da USC. Foto: Uqui Permuy
Escola Universitaria de Relacións Laborais da USC. Foto: Uqui Permuy

A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo acollerá o acto de graduación da duodécima promoción do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC. 

O evento terá lugar o día 9 de xuño de 2022 a partir das 19.00 horas e contará coa presenza Francisco Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, quen será o encargado de presidir a cerimonia. Tras a súa intervención terá lugar unha  lección maxistral a cargo de Mercedes Cobo Carrasco, profesora da E.U. de Relacións Laborais de Lugo e madriña da promoción.

A entrega de diplomas e a imposición de insignias a graduadas e graduados dará paso ao discurso de Nerea Iglesias Somoza e Alba Pernas Cagigal en representación do alumnado. 

O cerimonia incluirá o recoñecemento da Fundación Campus Universitario de Lugo e do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo,ao mellor expediente da anterior promoción (XI Promoción) de Graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos que distingue a alumna Eva López Martínez. 

O acto contará tamén coas intervencións de Mercedes Montes Rodríguez, directora da E.U. Relacións Laborais de Lugo;  José Luis Piñón Calvo, vicepresidente do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo; José María Arias Fernández, deputado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo; e Jaime López Vázquez, presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo.

The contents of this page were updated on 06.09.2022.