06.10.2022 | 18.00h-20.00h
O vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, será o encargado de abrir o acto académico

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acollerá o acto de graduación da última promoción do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio.
O evento terá lugar o día 10 de xuño ás 18.00 horas e contará coas invervencións do vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane; o decano da Facultade, Marco Virgilio García Quintela; e do director do Departamento de Xeografía, Rubén C. Lois González. Intervirán tamén os padriños da promoción, os profesores Horacio García García e José M. López Andión, para alén de Anaïs Noela Álvarez González e Mario Ferro Martínez, que ofrecerán discursos en representación do alumnado.