06.11.2022 | 18.00h-20.00h
O vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, será o encargado de dar apertura ao acto académico

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acollerá o acto de graduación da décima promoción do Grao en Bioloxía da USC.
O acto celebrarase o día 11 de xuño de 2022 ás 18.00 horas e contará coas intervencións do vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri; do decano da Facultade, Jesús Ángel López Romalde; de Víctor A. García Dopico, representante de Alumni USC; de Fernando García Sanz, tesoureiro do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia; e da madriña de o padriño da promoción, Eva Mª Candal Suárez e Marcos González González.