Skip to main content

Andainas lingüísticas

Percorrido multilingüe polo Río Sar

06.16.2022 | 16.30h-18.30h

Saínda dende a Colexiata do Sar
Santiago de Compostela

Estes encontros fóra de aula ofrecen a posibilidade de achegarse a outras linguas a través da participación nunha actividade saudable que permite coñecer lugares de interese da contorna compostelá.

As andainas lingüísticas transitarán en xuño pola contorna do río Sar. FOTO: Santi Alvite
As andainas lingüísticas transitarán en xuño pola contorna do río Sar. FOTO: Santi Alvite

O xoves, día 16 de xuño, o programa de Andainas Lingüísticas da USC ofrece un novo percorrido para as persoas interesadas en afondar nas súas capacidades noutras linguas.  Nesta ocasión, a excursión partirá ás 16.30 horas dende a Colexiata do Sar,  para transitar pola contorna do río e o parque do Paxonal.  A duración estimada do paseo é de 2 horas. 

Para tomar parte nel, cómpre cursar inscrición previa a través do formulario dispoñible na web do Servizo de Deportes. O prazo remata o 15 de xuño. 

A tarifa de inscrición é de 4€ para a comunidade universitaria, 5€ para o alumnado egresado e 6€ para o resto de colectivos. Ademais, a comunidade universitaria pode facerse cun bono para 3 andainas polo importe de 11 €. 

The contents of this page were updated on 06.01.2022.