Actividade promovida polo Grupo de Traballo de Pesca Marítima Recreativa (GTMPR)

O vindeiro martes 7 de xuño, ás 18 horas, o Grupo de Traballo de Pesca Marítima Recreativa (GTMPR), que lideran desde a USC os investigadores Pablo Pita e Sebastián Villasante, organiza o webinar "A pesca marítima recreativa en España. Accións prioritarias para organizacións implicadas no sector".
O GTMPR é unha rede de ámbito estatal que reúne ao sector en España, arredor do obxectivo de reforzar a sustentabilidade socioecolóxica desta actividade, impulsando unha rede de transferencia de coñecemento e colaboración entre institucións científicas, organizacións do sector, empresas e administracións públicas.
O webinar celebrarase a través da plataforma Microsoft Teams. Para participar no encontro é preciso o rexistro previo nesta ligazón.
Máis información na web pescamaritimarecreativa.net.