Skip to main content

2º Foro Anual UNISF

06.06.2022 | 11.00h

Centro de Estudos Avanzados

O foro contará con diversos relatores agrupados en diversos eixos temáticos: cooperación transfronteiriza e interuniversitaria na eurorrexión, e oferta formativa da ‘Universidade sem fronteiras’

UNISF é o resultado dunha colaboración entre as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
UNISF é o resultado dunha colaboración entre as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A segunda edición do foro ‘Universidade sem Fronteiras’ (UNISF), Campus Eurorrexional Galicia-norte de Portugal, botará andar este luns 6 de xuño, a partir das 11.00 horas, no Centro de Estudos Avanzados da USC. María José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC; Rui Vieira de Castro, reitor da UMinho; e  Ángel Miramontes, diretor da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal  (FCEER) participarán na sesión de apertura.

UNISF é o resultado dunha colaboración entre as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. As universidades que forman parte da rede de universidades públicas da Eurorrexión so USC, UDC, UVigo, UMinho, a Universidade do Porto e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). Os reitores destas seis universidades conforman a xunta directiva da FCEER.

A educación universitaria do futuro ten como elementos cruciais a internacionalización e a multidisciplinariedade. Con este obxectivo e nun momento no que as institucións europeas están a fomentar a creación de alianzas universitarias, as universidades públicas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal conciben un proxecto que ten como obxectivo eliminar as barreiras administrativas e burocráticas na creación de títulos conxuntos.

The contents of this page were updated on 06.03.2022.