Skip to main content

Danza

Mostra de Danza Latina

06.14.2022 | 19.30h-21.30h

Santiago de Compostela
Praza do Seminario de Estudos Galegos (fronte á Facultade de Farmacia)

A iniciativa busca visibilizar a actividade do Espazo de Danza Latina da USC

Cartel do evento
Cartel do evento

Por sétimo ano consecutivo, o Espazo de Danza da Universidade organiza a Mostra de Danza Latina' da USC, que este ano terá lugar o martes 14 de xuño, entre as 19.30 e as 21.30 horas na praza do Seminario de Estudos Galegos. 

A actividade contará cos grupos de baile internacional, intermedio e avanzado do Espazo de Danza Latina, que ofrecerán unha demostración de pasos básicos e libres de chachachá, merengue, bachata,  salsa e conga, para alén de técnicas específicas dos ritmos latinos e rodas cubanas. A mostra rematará co baile social 'Parada Latina', que incluirá animación e sesión musical. 

 

The contents of this page were updated on 06.10.2022.