Skip to main content

Presentación do libro

'Os límites do crecemento'

06.14.2022 | 18.00h

Salón Nobre

Juan Casares Long e José A. González asinan a primeira tradución ao galego do Informe para o proxecto do Club de Roma sobre os retos da Humanidade

Presentación do volume 'Os límites do crecemento'
Presentación do volume 'Os límites do crecemento'

En 1972, Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers,  e William W. Behrens III, integrantes do Instituto de Tecnoloxía de Massachussets, publicaban The limits to Growth, unha obra que sintetizaba o denominado Informe Meadows realizado pola reputada institución académica á petición do Clube de Roma para a análise dos retos da Humanidade cara ao futuro. O texto sostiña que o camiño que seguira a humanidade ata daquela era erróneo, e suxería alternativas para reconducir a situación, demandando actuacións con urxencia. Estas conclusións foron daquela duramente atacadas dende o poder establecido.

Cincuenta anos despois, chega á primeira tradución ao galego deste texto que se anticipou na necesidade de declarar a situación do planeta como de emerxencia. Juan Casares Long e José A González son os responsables desta nova tradución do libro que se suma ás máis de trinta linguas nas que o texto viu a luz e que publica este ano a Editorial Galaxia.

Os límites do crecemento  presentarase o martes 14 de xuño ás 18.00 h no Salón Nobre do Pazo de Fonseca nun acto que contará coa participación dos tradutores do volume; do vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane;  do membro do Club de Roma e vicepresidente do Capítulo Español do Club de Roma, José Manuel Morán Criado: e do presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.

The contents of this page were updated on 06.14.2022.