Skip to main content

SoundScapes. Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras

06.16.2022 | 09.30h-18.30h

Santiago de Compostela
Visionado 1

Sete grupos e un proxecto de investigación da USC e un grupo de investigación da UPF colaboran do desenvolvemento desta actividade arredor do son e a paisaxe

Xornada 'SoundScapes. Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras'
Xornada 'SoundScapes. Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras'

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle o xoves 16 de xuño a xornada 'SoundScapes. Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras', unha proposta  de reflexión na confluencia de son e paisaxe que inclúe 11 relatorios da man de persoal investigador de diferentes disciplinas.  Das 9.30 ás 18.30 horas, a Sala de Visionado 1 do centro servirá de punto de encontro 

Coordinado por Matías G. Rodríguez Mouriño e Julián Grijalba coa asistencia técnica de Jorge Rodríguez Durán, a xornada contará coas intervencións de Matías G. Rodríguez Mouriño,  Enrique Castelló Mayo, Javier Gándara e Montserrat Capelán, María do Cebreiro e Laura Camino, Xavier de Donato, Jorge Sacido, Diego Flórez, María Lindmäe, Yolanda Pérez, Julián Grijalba e Xoán- Xil López.

A iniciativa é froito da colaboración de sete grupos de investigación da USC, concretamente Análise Territorial (ANTE, GI-1871), Discurso e Identidade (DI-1924 ED431C, 2019/001),  Episteme (GI-2046),  Estudos Audiovisuais (GI-1786),  Estudos Históricos de Música en Galicia e América (ss. XI-XX) (Organistrum, GI-2025),  Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo (HAAYDU, GI-1510), Teoría da Literatura e Literatura Comparada (GI-1371), co Proxecto de investigación 'Paisajes y arquitecturas del error: Contra-historia del paisaje aje en la Europa latina (1945-2020)” (PID2020-112921GB-I00) e o grupo Geohumanitats da Universitat Pompeu Fabra. Conta con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación e da Xunta de Galicia. 

A xornada é de carácter gratuíto e exclusivamente presencial. As persoas interesadas en recibir unha certificación de asistencia ao 'Sound Scapes' deberán rexistrarse ata o 15 de xuño. 

The contents of this page were updated on 08.08.2022.