O vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, abrirá o acto académico

A Facultade de Veterinaria acollerá o sábado 18 de xuño o acto de graduación da promoción 2018-2022 do Grado en Mestra/e de Eduación Infantil, Mestra/e de Educación Primaria e Dobre Grao da Facultade do Profesorado do Campus de Lugo.
A cerimonia dará comezo ás 17.00 horas coa intervención do vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, que dará paso á decana do centro, Carmen Sarceda Gorgoso; e ás madriñas e padriños das promocións, Iván Enríquez e Lidia Platas -da promoción de Educación infantil, e Mª Dolores Vivero e Rubén Navarro, -da promoción de Educación primaria. Intervirán tamén cinco persoas en representación do alumnado dos diferentes graos: Fátima Fernández, Alejandro Picón, Natalia Rivera, Lara Camiña e Eva Comesaña.