Skip to main content

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Introdución á composición musical en escena: como abordar os recursos compositivos'

06.20.2022 | 10.30h

Santiago de Compostela
Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica Formación
USCénica Formación

O programa formativo do USCcénica 2022 abre co curso 'Introdución á composición musical en escena: como abordar os recursos compositivos', unha proposta conducida por Pablo Sanmamed que se desenvolverá o 20 de xuño, das 10.30 ás 14.30 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. 

Hai oito prazas dispoñibles que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar deben dirixirse ao enderezo electrónico uscenica.cursos [at] usc.gal (uscenica[dot]cursos[at]usc[dot]gal), indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e o título do curso. O custo desta proposta formativa é de 20 euros para a comunidade universitaria e 30 euros para público xeral.  A matrícula non será efectiva ata o momento do seu pagamento, que deberá realizarse 2 días hábiles antes do inicio do curso. 

Máis información na páxina web de USCénica

The contents of this page were updated on 06.17.2022.