Skip to main content

USCénica 2022. Festival de artes escénicas

'Taller de arte de acción: pan, chocolate pan'

Do 23 ao 25 de xuño

Santiago de Compostela
Sala Luisa Cuesta e Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

USCénica Formación
USCénica Formación

O programa formativo do USCcénica 2022 inclúe o 'Taller de arte de acción: pan, chocolate pan', unha proposta conducida por María Roja, Miriam Rodríguez e Chicho González que se desenvolverá na Sala Luisa Cuesta e a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño do 23 ao 25 de xuño, entre as 10.30 e as 14.30 horas.

O obradoiro propón unha reflexión desde a práctica sobre os procesos de creación no eido da arte de acción. Tomando como base a experiencia das docentes en modos de traballo colaborativos, tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, apuntarase cara o exercicio da performance desde o interese en elaborar colectivamente unha receita para réximes disidentes.

Hai oito prazas dispoñibles que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar deben dirixirse ao enderezo electrónico uscenica.cursos [at] usc.gal (uscenica[dot]cursos[at]usc[dot]gal), indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e o título do curso. O custo desta proposta formativa é de 40 euros para a comunidade universitaria e 80 euros para público xeral. A matrícula non será efectiva ata o momento do seu pagamento, que deberá realizarse 2 días hábiles antes do inicio do curso. 

Máis información na páxina web do festival USCénica 2022. 

The contents of this page were updated on 06.17.2022.