Skip to main content

Xornada de clausura do proxecto EcoTimberCell na EPS de Enxeñaría

23/06/2022 - 10.00 horas

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga; o director de Xera, Jacobo Aboal; a directora da EPSE, Rosa Romero, e o director de Pemade, Manuel Guaita, abren o programa este xoves, ás 10.00 horas, no salón de actos da EPSE

Cartaz da xoranda de clausura do Life EcoTimberCell
Cartaz da xoranda de clausura do Life EcoTimberCell

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, inaugura este xoves 23 de xuño, ás 10.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC, a xornada de clausura e presentación dos resultados acadados no marco do proxecto Life EcoTimberCell, un programa coordinado pola USC a través de Pemade. O director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal; a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero, e o director da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC (Pemade), Manuel Guaita, tamén intervirán na sesión.

Unha vez rematada a primeira quenda de intervencións, o programa da xornada continuará cunha breve exposición de obxectivos e de presentación de resultados a cargo do director de Pemade, Manuel Guaita. A directora de Innovación de Betanzos HB, Rosa Arcas; Albel Vega, do Cetemas; Jordi Navarro, do ITEC, e Boris Hinojo, de 3eData, tamén intervirán nesta sesión, trala que a directora de proxecto de Timbersoul by Cándido Hermida, Begoña Jiménez, fará unha presentación da spin off creada ao abeiro do proxecto EcoTimberCell.

A sesión de clausura do Life EcoTimberCell un relato sobre a primeira posta en obra das estruturas EcoTimberCell, a cargo do arquitecto Juan Otero, de Mol Arquitectura, ademais dunha exposición de produtos de ensaio nas instalacións do laboratorio de Pemade.

 

The contents of this page were updated on 06.21.2022.