Skip to main content

Acto institucional

Toma de posesión de Jesús Sanmartín Matalobos como decano de Química

06.23.2022 | 13.30h-15.30h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Pedro Rodríguez Dafonte, Mª Carmen Barciela Alonso e Mª Mercedes Parajó Montes conforman o novo equipo decanal

Jesús Sanmartín Matalobos é profesor titular de Química Inorgánica na USC dende 1997 e, dende 2021, está adscrito ao Instituto de Materiais (iMATUS). FOTO: Santi Alvite
Jesús Sanmartín Matalobos é profesor titular de Química Inorgánica na USC dende 1997 e, dende 2021, está adscrito ao Instituto de Materiais (iMATUS). FOTO: Santi Alvite

A Aula Magna da Facultade de Química acollerá o xoves, 23 de xuño ás 13.30 horas o acto de toma de posesión de Jesús Sanmartín Matalobos como decano do centro. 

O profesor da USC foi elixido por 54 votos a favor nas eleccións celebradas o pasado 19 de abril. O equipo de goberno nesta nova etapa estará integrado polo vicedecano Pedro Rodríguez Dafonte, profesor do Departamento de Química Física; e a secretaria académica Mª Carmen Barciela Alonso, profesora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía. Ademais, Mª Mercedes Parajó Montes actuará como coordinadora de calidade; mentres que Pilar Bermejo Barrera encargarase da coordinación do Centenario de estudos de Química da USC.

Jesús Sanmartín Matalobos

Jesús Sanmartín Matalobos é profesor titular de Química Inorgánica na USC dende 1997 e, dende 2021, está adscrito ao Instituto de Materiais (iMATUS). A súa investigación céntrase en diferentes aspectos da Química de Coordinación e Supramolecular, estando a maioría deles relacionados con diferentes propiedades dos compostos, e a súa aplicación potencial como biocidas, sondas fluorescentes ou materiais magnéticos. Como resultado da súa investigación, ten publicado máis de 150 artigos científicos en revistas internacionais recollidas no JCR.

No período 2014-2022, desempeñou o cargo de secretario académico da Facultade de Química, sendo ademais coordinador dos Programas de mobilidade SICUE e ERASMUS. Dende o ano 2019 é editor xefe da sección ‘Macromolecular Crystals’ da revista científica Crystals, sendo tamén editor académico da revista Radiation.

The contents of this page were updated on 06.23.2022.