Skip to main content

O Verán na Domus

Obradoiro didáctico 'Culiña! Unha cociñana Domus

16/7/2022 - 11.30 horas

Domus do Mitreo

As persoas interesadas na actividade didáctica incluída na programación 'O Verán na Domus' poden participar de balde coa adquisición da entrada ou inscribirse a través do enderezo electrónico mitreo.lugo@galipat.es ou no número de teléfono 610323926

Cartaz de 'O Verán na Domus'
Cartaz de 'O Verán na Domus'

A programación estival especial do Museo Universitario A Domus do Mitreo ‘O Verán na Domus’ ofrece obradoiros culinarios para toda a familia os sábados dos meses de xullo e agosto. As actividades didácticas complementarias previstas para a época estival teñen unha duración de 30 minutos e desenvolveranse os sábados, a partir das 11.30 horas. As persoas interesadas poden participar de balde coa adquisición da entrada ou tamén teñen a posibilidade de formalizar a súa inscrición con antelación, de luns a venres, en quenda e 9.00 a 14.00 horas, a través do enderezo de correo electrónico mitreo.lugo [at] usc.es (mitreo[dot]lugo[at]usc[dot]es) ou no número de teléfono móbil 610323926.

A actividade ‘Culina! Unha cociña na Domus’ permitirá achegar os segredos da antiga cociña de Roma a todas as persoas participantes. Así, logo de realizar unha visita guiada ao xacemento e tras participar nunha actividade de arqueoloxía experimental deseñada para todos os públicos, ‘O Verán na Domus’ ofrece tamén a posibilidade de mergullarse na tradición culinaria do mundo romano a través da elaboración dunha versión actualizada da receita ‘Sales conditos ad multa’, unha proposta xa recollida no receitario de Apicius ‘De re coquinaria’.

 

The contents of this page were updated on 07.14.2022.