Skip to main content

Acto institucional

Ramón J. Méndez Pampín recibe a Insignia de Ouro da USC

07.01.2022 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

As Insignias da USC distinguen aquelas persoas físicas que sobresaen dun xeito especial nos servizos prestados á institución académica compostelá

O reitor Antonio López imporá a Insignia de Ouro da USC ao profesor emérito Ramón J. Méndez Pampín. Foto: Santi Alvite
O reitor Antonio López imporá a Insignia de Ouro da USC ao profesor emérito Ramón J. Méndez Pampín. Foto: Santi Alvite

A USC distinguirá o labor ao servizo da institución do profesor e investigador Ramón J. Méndez Pampín coa imposición da Insignia de Ouro nun acto que se desenvolverá este venres 1 de xullo, ás 12.00 horas, no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). O reitor Antonio López presidirá a sesión, aberta ao conxunto da comunidade universitaria, na que se renderá tributo a este profesor emérito de Enxeñaría Química.

O acto abrirase coas intervencións dos profesores Anuska Mosquera Corral e Alberto Arce Arce e da técnico de xestión Rosa Ma Arcos Añón. A continuación, será a quenda de Luis Melo da Universidade do Porto e do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo. O profesor emérito da institución compostelá e presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, será o encargado de realizar unha breve presentación do homenaxeado. O profesor Méndez Pampín pronunciará unhas palabras de agradecemento despois de que a secretaria xeral, Dulce García Mella, dea lectura á resolución reitoral da concesión e o reitor proceda ao acto da imposición.

Traxectoria

Catedrático dende 1983 no departamento de Enxeñería Química da USC e investigador principal no grupo Enxeñería Ambiental e Bioprocesos, Ramón J. Méndez Pampín foi coordinador de numerosos mestrados, proxectos e programas e interveu nun total de 48 proxectos de investigación derivados de convocatorias competitivas. Participou, ademais, nuns 60 contratos de investigación con empresas. O obxectivo das súas liñas de investigación céntrase no avance do coñecemento no tratamento de augas residuais orientados á solución de problemas ambientais.

 

The contents of this page were updated on 06.30.2022.