Skip to main content

Acto académico

Graduación da promoción 2018-2022 do Grao en Odontoloxía

07.02.2022 | 17.00h-19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa, será o encargado de abrir o acto académico

Facultade de Medicina e Odontoloxía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Medicina e Odontoloxía. Foto: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía acollerá o sábado 2 de xullo a cerimonia de graduación da promoción 2018-2022 do Grao en Odontoloxía.

O acto comezará ás 17.00 horas e contará coa presenza de Gumersindo Feijoo Costa, o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, que dará a apertura ao evento e dará paso ao resto de persoas intervenientes. En primeiro lugar, César Barreiro García e Lucía Meléndez Cora en ofrecerán un discurso en representación do alumnado. Seguiranlles, Claudio Bernabé Fernández, en nome do padriño e das madriñas da promoción; e Ángel Luis Fernández González, director do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas da USC. Intervirán tamén Adriana Sanz Marchena, presidenta do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos; Mª Jesús Mora Bermúdez, vicedecana de Odontoloxía; e  Julián Álvarez Escudero, decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía.

O acto incluirá a lectura do Xuramento Hipocrático por parte do alumnado.

 

The contents of this page were updated on 06.30.2022.