Skip to main content

Entrega de Diplomas da VII edición do Proxecto Mentoring USC

07.05.2022 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

A finalidade de Mentoring é poñer en contacto o alumnado de mestrado, do último curso dos graos e a tituladas e titulados recentes co persoal directivo e profesional das empresas para que lles sirvan de orientación e apoio na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional

Entrada ao Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Entrada ao Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

O proxecto ‘Mentoring USC. Desenvolvemento Profesional’ celebra o martes 5 de xullo o acto de clausura da súa sétima edición nunha sesión na que se procederá á entrega de diplomas ao estudantado e figuras mentoras participantes. No curso 2021-2022, 80 estudantes e 98 mentoras mentores tomaron parte nesta iniciativa que ten por obxectivo poñer en contacto o alumnado de mestrado, do último curso dos graos e a tituladas e titulados recentes co persoal directivo e profesional das empresas para que lles sirvan de orientación e apoio na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional

A sesión desenvolverase a partir das 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca,  presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, coa asistencia da secretaria xeral da USC, Dulce Mª García Mella. No acto intervirán tamén Sandra Cendón Denis, estudante do Mestrado de Procesos de Formación, en representación do alumnado, e Gisela Mato Rivera, integrante de Financiera Maderera S.A., en representación das mentoras e dos mentores do programa.

The contents of this page were updated on 07.05.2022.