O vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López, abrirá o acto académico
O sábado 9 de xullo, a promoción 2018-2022 do Grao en Veterinaria celebrará o seu acto de graduación. O evento desenvolverase a partir das 11.00 horas no Auditorio da Facultade e contará coa presenza do vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López. Intervirán tamén Alberto Priego Lago, padriño da promoción; Juan José Gómez Fernández, presidente co Colexio de Veterinarios de Ourense en representación do Consello Galego de Veterinarios; Roberto Fernández Rico, deputado da área de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo; Gonzalo Fernández, decano da Facultade; José Alberte Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; Lara Méndez López, alcaldesa do Concello de Lugo ; e dúas persoas en representación do estudantado do centro.