Salón de Actos
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, presidirá a sesión académica na que actuarán como padriños os profesores na Facultade de Ciencias José Manuel Martínez Ageitos e Aida Jover Ramos

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC celebra este venres 15 de xullo, a partir das 19.00 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo, a cerimonia de graduación da promoción 2018-2022 do grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, presidirá a sesión, na que tamén intervirán a decana do centro universitario lugués, Asteria Luzardo; o concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Mauricio Repetto, a deputada provincial delegada da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industrais de Lugo, Jorge Rivera.
Os profesores do Departamento de Enxeñaría Química José Manuel Martínez Ageitos e de Química Física, Aida Jover Ramos actuarán como padriños dunha cerimonia académica na que tamén intervirán Bruno Prado Guerreiro e Patricia González Peña como representantes do alumnado desta nova promoción de enxeñeiros graduados na Facultade de Ciencias