07.13.2022 | 10.30h-13.00h
Organizado pola Sociedade Xuvenil Galega de Química
A Facultade de Química da USC celebra este mércores 13 de xullo a xornada de portas abertas 'Coñeces a química que se agocha no día a día?' a partir das 10.30 horas. Dirixida a todo o público interesado no eido da química, a xornada está organizada pola Sociedade Xuvenil Galega de Química, asociación sen ánimo de lucro formada por estudantado e persoal científico con interese na investigación e compromiso coa divulgación.
O seu obxectivo é transmitir a ciencia á sociedade, axudando a difundir a investigación que se desenvolve en Galicia, divertindo, sorprendendo, ensinando e aprendendo no proceso.
