Skip to main content

Ano académico 2022-2023

Acto institucional de apertura de curso

09.09.2022 | 12.00h-14.00h

Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O acto de apertura do curso académico no SUG desenvolverase este ano na USC e terá lugar o vindeiro 9 de setembro

O acto que poderá seguirse en liña. FOTO: Santi Alvite
O acto que poderá seguirse en liña. FOTO: Santi Alvite

O acto académico da apertura do curso 2022/23 nas universidades galegas celebrarase este venres 9 nunha sesión solemne no Salón Nobre do Colexio de Fonseca da USC a partir das 12.00 horas. A comitiva académica de profesorado togado que habitualmente abre o acto comezará o seu paseo a partir das 11.45 horas dende o Colexio de San Xerome, sede da Reitoría, para dirixirse pola rúa do Franco ata o Colexio de Fonseca, se as condicións meteorolóxicas así o permiten. A sesión poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da USC.   

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, conformará a mesa presidencial da sesión xunto aos tres reitores galegos, Antonio López (USC), Julio Abalde (UDC) e Manuel Reigosa (Uvigo); o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; así como os presidentes dos Consellos Sociais da USC e da UVigo, Cecilia Sierra Rey e Ernesto Pedrosa Silva. Logo da apertura do acto, o catedrático de Historia Antiga da USC José Carlos Bermejo Barrera pronunciará a lección maxistral titulada ‘Información, comunicación e historia’.

O discurso do reitor compostelán Antonio López Díaz, en representación das tres institucións universitarias, e o do titular do goberno autonómico porán o peche á xornada e darán por inaugurado o curso nas universidades galegas.

The contents of this page were updated on 09.08.2022.