Skip to main content

‘Propiedade industrial e intelectual. Por que usar as patentes para crear valor? Casos do sector agroforestal’

20/07/2022 - 10.00 horas

Edificio Cactus

O programa de formación do Campus Terra continúa o mércores cun módulo sobre propiedade industrial e intelectual para PDI. A matrícula está aberta no formulario xa habilitado en liña

Edificio Cactus do Campus Lugo
Edificio Cactus do Campus Lugo

O programa de formación específica do Campus Terra continuará este semana coa celebración do curso ‘Propiedade industrial e intelectual. Por que usar as patentes para crear valor? Casos do sector agroforestal’, un módulo orientado a docentes e investigadores predoutorais e postdoutorias  que está estruturado en catro horas de formación e que se desenvolverá o 20 de xullo, a partir das 10.00 horas, no edificio Cactus do Campus de Lugo.

O curso é unha introdución ao sistema de propiedade industrial, con especial énfase no sistema de patentes. Daquela, a persoas inscritas neste curso verán os títulos de propiedade que existen, coñecerán que é unha patente e en que consiste o seu texto, cales son os requisitos para poder patentar (novidade, actividade inventiva, exclusións). O alumnado tamén tratará e interpretará as reivindicacións dunha patente, abordará os procesos para a súa obtención e tamén se analizarán outras alternativas ao sistema de patentes, a protección das variedades vexetais ou o segredo empresarial.

Inscrición

O prazo de inscrición en calquera das accións incluídas no programa de formación do Campus Terra xa permanece aberto, polo que as persoas interesadas poden realizar xa a súa matrícula de balde a través do formulario habilitado en liña. As prazas ofertadas en cada para cada unha das propostas formativas están limitadas e o proceso de admisión dará prioridade ás persoas ligadas ao Campus Terra.

Ademais, de xeito parello ao desenvolvemento destes cursos, os centros aliñados do Campus de Especialización Campus Terra tamén acollerán distintos relatorios e sesións expositivas dirixidas especialmente a investigadores predoutorais e postdoutorais, cuxa temática estará enfocada ao financiamento de proxectos de investigación e a elaboración de propostas científicas.

Os membros da comunidade universitaria do Campus Terra, en particular, e da USC, nun contexto máis amplo, poden tamén obter máis información respecto desta oferta de formación a través dos números de teléfono 982822854/22860 ou tamén no enderezo de correo electrónico campus.terra [at] usc.es (campus[dot]terra[at]usc[dot]es).

 

The contents of this page were updated on 07.18.2022.