07.22.2022 | 12.30h-14.30h

Na décima edición de 'Ao sol', o convidado é Joel Cava, xornalista e deseñador gráfico galaico-catalán comprometido coa lingua e cultura galegas. Actualmente traballa como creativo en CECUBO Group, onde foi o coordinador da candidatura galega ao AI Song Contest 2022, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial. A súa composición, o 'AI-Lalelo', acadou o segundo posto no certame, co apoio total do televoto.
Na sesión deste venres, Joel falará da súa experiencia como creativo, e en particular das claves do recente éxito do "AI-Lalelo".