Skip to main content

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas para o aloxamento nas residencias da USC

9 de agosto de 2022

Santiago de Compostela e Lugo

As persoas que queden na listaxe de agarda e desexen seguir optando a unha praza no SUR, teñen de prazo para confirmalo ata o 16 de agosto

O Colexio Maior de San Clemente é un dos centros incluídos na convocatoria do SUR
O Colexio Maior de San Clemente é un dos centros incluídos na convocatoria do SUR

O vindeiro 9 de agosto, a USC dará a coñecer a relación definitiva das solicitudes admitidas na convocatoria de prazas de aloxamento do SUR para o curso 2022-23, así como asignación de centros, a listaxe de agarda e a lista final de solicitudes excluídas. A admisión e asignación de centros farase segundo a preferencia do alumnado e seguindo a puntuación acadada na convocatoria. As persoas que queden na listaxe de agarda e desexen seguir optando a unha praza no SUR, teñen de prazo para confirmalo ata o 16 de agosto por medio do formulario que figura na páxina web do servizo. De non facelo, entenderase que desisten da súa petición e de permanecer na lista de agarda.

Para maior información sobre os procedementos, prazos e condicións da convocatoria de prazas de aloxamento do SUR, recoméndase consultar esta ligazón.

The contents of this page were updated on 08.10.2022.