Skip to main content

Curso

Identificación da Cerámica Arqueolóxica de Contextos Galegos: Do Neolítico ata a actualidade

Os días 23 e 30 de setembro e 7 e 15 de outubro

Con desprazamento ao Obradoiro de Olaría do Corgo, en Lugo o 15 de outubro
Santiago de Compostela
Aulas 1 e 3

O grupo de investigación EcoPast da USC organiza esta actividade cuxa inscrición permanecerá aberta ata o 21 de setembro ou ata esgotar as 25 prazas dispoñibles

A USC ofrece un curso de Identificación da Cerámica Arqueolóxica de Contextos Galegos: Do Neolítico ata a actualidade'
A USC ofrece un curso de Identificación da Cerámica Arqueolóxica de Contextos Galegos: Do Neolítico ata a actualidade'

A USC ofrecerá a partir de setembro a primeira edición do curso de formación ‘Identificación da Cerámica Arqueolóxica de Contextos Galegos: Do Neolítico ata a actualidade’, unha proposta de carácter teórico e práctico que proporcionará ás persoas asistentes unha visión actualizada dos coñecementos sobre o material máis abondoso nas escavacións arqueolóxicas.

O grupo de investigación EcoPast da USC organiza esta actividade coordinada polas investigadoras María Pilar Prieto Martínez, María Guadalupe Castro González e Zaira García López, que conta coa colaboración de especialistas en cerámica de diferentes institucións e entidades, como a Universidade de Vigo, a Deputación de Pontevedra, o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, o Museo Arqueolóxico Provincial de Lugo ou as empresas Tempos Arqueólogos e Engobe Arqueología, ademais de incluír a intervención de profesionais artesáns da olaría.

O curso desenvolverase os días 23 e 30 de setembro e 7 de outubro na Facultade de Xeografía e Historia da USC e inclúe un obradoiro de fabricación cerámica en O Corgo (Lugo) o día 15 de outubro. A organización facilitará o transporte para as persoas asistentes que queiran participar na práctica de campo.

A inscrición nesta actividade de carácter gratuíto pode realizarse ata o 21 de setembro a través deste formulario. Hai 25 prazas dispoñibles que se irán ocupando por rigorosa orde de solicitude. O curso conta cun recoñecemento de 10 horas de formación para o alumnado do programa de Doutoramento de Historia, Historia da Arte e Xeografía da USC.

The contents of this page were updated on 08.05.2022.