Skip to main content

O Observatorio Astronómico da USC colabora coa Biblioteca Pública Ánxel Casal no mes da astronomía

Un ano máis, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago colabora coa Biblioteca Pública Ánxel Casal no ciclo de actividades sobre astronomía que albergará este último centro compostelán durante o mes de novembro.

O programa, enmarcado no programa TODOCOSMOS do OARMA que financia a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, presentárono esta mañá o director do Observatorio, José Ángel Docobo, e o director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Jesús Torres Junquera.

Para dar comezo ás actividades, a biblioteca albergará na sala infantil desde o 5 ata o 30 de novembro unha mostra bibliográfica cunha selección de libros sobre astronomía. Xa a partir do venres 16 haberá obradoiros infantís organizados en función da idade e unha sesión de observación nocturna.

The contents of this page were updated on 05.12.2025.