Iniciativa de voluntariado no ámbito universitario.
Oferta de tarefas de voluntariado vencelladas á acollida e acompañamento de estudantado de mobilidade do programa Erasmus para facilitar o seu acceso á universidade e dar a coñecer os seus países e culturas entre maiores e a infancia, xunto co desenvolvemento de actividades culturais, ambientais e recreativas.
Programa de asistencia ás/aos novas/os alumnas/os de programas de mobilidade
Axudar ás/aos estudantes estranxeiros a través dos programas "Buddy", "Legal" e "Flatmate", encamiñados a resolver todos os problemas e dúbidas que poidan ter ou xurdir na súa estancia na cidade, principalmente nos seus inicios.
- Horario: de luns a venres, entre as 10 h e 20 h.
- Prazas: 10.
Programa de participación nas actividades deportivas, formativas, lúdicas e culturais
Colaboración na elaboración e materialización de eventos como viaxes, partidos, tándem lingüístico, ciclos de cine, festas, visitas guiadas a exposicións e museos etc.
- Horario: de luns a domingo, a concretar segundo a dispoñibilidade da/o voluntaria/o.
- Prazas: 12.
Programa Social Erasmus
- Obra Social: Actividades de interacción entre estudantes Erasmus e persoas maiores ou con necesidades.
- Educación ou “Erasmus in schools”: interactuar en colexios para educar sobre outras culturas e promover a mobilidade estudantil.
- Medio ambiente.
- Horario: de luns a domingo a concretar segundo a dispoñibilidade da/o voluntaria/o.
- Prazas: 15.