Recomendacións para facer fronte á varíola do mono

A páxina web habilitada polo SERGAS contén pautas preventivas
Lugo,
Santiago de Compostela
Ante a situación actual respecto da varíola do mono en Galicia, o Servizo de Vixilancia da Saúde da USC está a difundir as recomendacións do Servizo Galego de Saúde para previla e proceder no caso de ter sospeitas de tela contraído. As recomendacións están dirixidas ás persoas que cumpran os criterios de risco e poden consultarse nesta ligazón.
A páxina web habilitada pola administración sanitaria contempla recomendacións preventivas, rexistro de contactos, recomendacións ambientais ou vacinación, entre outros aspectos.