Skip to main content

Acto de entrega dos XIII Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero

09.22.2022 | 13.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Esta convocatoria é unha acción consolidada dentro das políticas de promoción da igualdade efectiva entre mulleres e homes a través do potencial da incorporación da perspectiva de xénero en dúas das principais facetas da actividade universitaria en materia de xeración e difusión de coñecemento, a docencia e a investigación

Acción consolidada dentro das políticas de promoción da igualdade efectiva entre mulleres e homes. FOTO: Santi Alvite
Acción consolidada dentro das políticas de promoción da igualdade efectiva entre mulleres e homes. FOTO: Santi Alvite

Unha vintena de propostas concorreron en 2022 á XIII edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero que distinguen proxectos investigadores e docentes desenvolvidos na universidade a prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Na modalidade de docencia, o xurado concedeu o primeiro premio ao proxecto ‘Perspectiva de xénero e sistema de (in)xustiza penal: unha ollada crítica a través do caso Wannikhof’ de Cristina Alonso Salgado. O segundo premio nesta modalidade foi para a profesora Rocío García Pedreira pola súa experiencia ‘Medidas e actividades para a inclusión da perspectiva de xénero na docencia de materias de literatura do Grao en Educación Infantil (2021/2022); mentres que o terceiro galardón distinguiu o traballo ‘Tecnoloxía educativa con lentes violetas’ de Uxía Fernández Regueira, Adriana Gewerc e Ángela González-Villa.

No apartado de investigación, o primeiro premio recaeu no traballo ‘O inicio da (re)presentación feminina no folclore galego: Pandereteiras de Mens’, de Beatriz Busto Miramontes. O segundo premio foi outorgado ao traballo ‘Científicas fronte ao coronavirus en Wikipedia’ de Encina Calvo Iglesias; mentres que o terceiro se concedeu ás profesoras Alba Alonso Álvarez e Julia Espinosa Fajardo por ‘Blitzkrieg against democracy: gender equality and the rise of populist radical right in Spain’.

O acto de entrega dos premios terá lugar o xoves, 22 de setembro, ás 13.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e contará coas intervencións do reitor da USC, Antonio López; da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; da Delegada do Reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro; e da Concelleira Responsable de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local do Concello de Santiago de Compostela, Marta Abal. 

The contents of this page were updated on 09.19.2022.