Skip to main content

Torneo de trivial en galego para favorecer a socialización do alumnado

28/09/2022 - 19.00 horas

O equipo gañador do I TriviGal recibirá como agasallo unha cesta de produtos galegos e un exemplar de ‘Ti non es de aquí?’, un xogo de mesa cultural-educativo desenvolvido por OZOCOgz.

Cartaz do I TriviGal
Cartaz do I TriviGal

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade e Veterinaria do Campus de Lugo promove en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC a celebración dun torneo de trivial en galego, a fin de favorecer así a socialización do seu alumnado e do resto do estudantado da sede universitaria luguesa en lingua galega.

O I TriviGal, unha iniciativa coordinada por Uxía Yáñez Ramil e aberta á participación de equipos de entre dous e catro estudantes, entre os que debe haber un membro da Facultade de Veterinaria, desenvolverase este mércores 28 de setembro, a partir das 19.00 horas, na cafetería da Facultade de Veterinaria.

O equipo gañador da competición recibirá como agasallo o gañador unha cesta de produtos galegos e un exemplar de ‘Ti non es de aquí?’, un xogo de mesa cultural-educativo desenvolvido por OZOCOgz.

The contents of this page were updated on 09.27.2022.