O Día da Ciencia en Galicia recoñece a figura de Juan Rof Codina

Juan Rof Codina, un dos principais impulsores da veterinaria en Galicia e na contorna estatal, centra este ano a homenaxe coa que a Real Academia Galega das Ciencias recoñece o labor de figuras distinguidas no desenvolvemento científico do país no Día da Ciencia en Galicia.
O acto de celebración da efeméride terá lugar o día 6 de outubro de 2022 ás 19 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e arrancará coa entrega das Medallas de Investigación da RACG, que este ano recollen Jesús López Romalde (medalla Ánxeles Alvariño González); Isabel Pastoriza (medalla Isidro Parga Pondal); Ramón Máiz (medalla Domingo García-Sabell Rivas); Jorge Mira (medalla Enrique Vidal Abascal) e Ángeles Sanromán (medalla Antonio Casares Rodríguez).
A continuación, procederase coa homenaxe a Rof Codina mediante a proxección do vídeo Juan Rof Codina, impulsor da veterinaria moderna ; seguida da conferencia “Rof Codina (1971-1967), un científico de cando os veterinarios aprendían dos labregos", a cargo do profesor Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e da intervención do presidente da RAGC, Juan Manuel Lema Rodicio, que pechará o evento.