14/10/2022 - 19.00 horas
A sesión divulgativa a cargo do catedrático do Departamento de Matemática Aplicada está organizada pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC é de acceso libre e gratuíto para o público interesado ata completar o aforo

O exreitor da USC e catedrático do Departamento de Matemática Aplicada, Juan Viaño, ofrecerá este venres, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a charla ‘As matemáticas da (miña) vida para curiosos e afeccionados’.
A sesión divulgativa, promovida pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni-USC), é de acceso libre e gratuíto para todas as persoas interesadas ata completar o aforo.