Skip to main content

Xornada en liña

Innovación e empregabilidade no sector do envellecemento

10.25.2022 | 12.00h-13.00h

A xornada procura ofrecer información ao alumnado universitario de áreas formativas diversas sobre as posibilidades profesionais que ofrece o sector do envellecemento

Cartel da actividade
Cartel da actividade

A Área de Orientación Laboral e Emprego da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e o Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a través do equipo integrante do proxecto europeo "Innovation and Entrepreneurship in HEIs – INVENTHEI, organizan unha xornada online arredor da innovación e empregabilidade no sector do envellecemento, co obxectivo de ofrecer información sobre as posibilidades profesionais que ofrece este sector para o estudantado universitario de diferentes áreas formativas.

O envellecemento da poboación é un fenómeno global, especialmente destacable no noso contexto, onde algunhas provincias galegas se sitúan entre as máis envellecidas de Europa e do mundo. Ademais dun reto, este envellecemento supón unha oportunidade para os sectores productivos, con novas necesidades e perfís de personas maiores que demandan novos servizos e produtos. Fronte aos estereotipos negativos, o sector xerontolóxico é dinámico e se caracteriza pola innovación, ofrecendo diversas oportunidades ao alumnado recén graduado.

Carlos Dosil Díaz e David Facal Mayo conforman o equipo docente desta xornada que se desenvolverá o martes, 25 de outubro de 2022 a partir das 12.00 horas a través de MS TEAMS. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través da secretaría virtual da USC e solicitar maior información a través do correo electrónico orientacion.laboral.santiago [at] usc.es (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]es)

 

The contents of this page were updated on 10.17.2022.