Skip to main content

Conferencia de Francisco Noa

'As dinámicas do espazo e do tempo na literatura mozambicana'

10.17.2022 | 09.00h-11.00h

Santiago de Compostela
Salón de graos

Ensaísta, crítico literario e profesor en diferentes universidades internacionais, Francisco Noa é un dos intelectuais máis relevantes de Mozambique.

Cartel da actividade
Cartel da actividade

Do 17 ao 19 de outubro, Francisco Noa visita a USC para participar en diversas actividades -docentes e de investigación- organizadas na Facultade de Filoloxía, onde será abordado o estudo e o coñecemento da cultura e da literatura mozambicanas, dominios en que resulta figura central desde a elaboración da súa tese de doutoramento Literatura Colonial. Representação e Legitimação – Moçambique como invenção literaria (UNL, 2001), publicada no ano seguinte en Portugal co título de Império, Mito e Miopia. Moçambique como Invenção Literária e que marcou un antes e un despois na análise cultural do mundo mozambicano. 

Ensaísta, crítico literário e profesor en universidades mozambicanas e no estranxeiro, Francisco Noa é un dos intelectuais máis relevantes de Mozambique. Investigador asociado na Universidade de Coimbra (Portugal),  foi diretor e investigador do Centro de Estudos Sociais Aquino de Bragança (CESAB), en Maputo, e merecedor, en 2015, do Premio BCI - AEMO de Literatura, polo volume de ensaios Perto do Fragmento, a Totalidade. Olhares sobre a literatura e o mundo (Maputo: Ndjira, 2014).  É tamén autor de Além do Túnel: Ensaios e Travessias (2020), Uns e Outros na Literatura Moçambicana – Ensaios (2016); A Letra, a Sombra e a Água. Ensaios & Dispersões (2008); A Escrita Infinita (1998) e Literatura Moçambicana – Memória e Conflito (1997), entre outras obras. 

Na Facultade de Filoloxía, o profesor Noa pronunciará unha conferencia, o luns 17 de outubro, ás 9.00 horas arredor do tema "As dinámicas do espazo e do tempo na literatura mozambicana". No día seguinte, participará nun encontro con estudantes de Literaturas dos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa), ás 10 horas, e, a partir das 16 horas, nun seminario sobre investigación en cultura e literatura de Mozambique.  Todas as actividades son abertas á participación  do público interesado.

The contents of this page were updated on 10.17.2022.